Mercado de Abastos de Santiago de Compostela
Mercado de Abastos de Santiago de Compostela | |
---|---|
Acceso central ao mercado | |
Coordenadas | 42°52′48″N 8°32′28″O / 42.87999, -8.54124Coordenadas: 42°52′48″N 8°32′28″O / 42.87999, -8.54124 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Mercado de Abastos ou Praza de Abastos de Santiago de Compostela é un mercado localizado na zona vella da capital galega, concretamente no distrito denominado Altamira.
Historia e características[editar | editar a fonte]
As instalación actual, ideadas polo arquitecto Joaquín Vaquero Palacios[1] e que seguen “os gustos estéticos neorrománicos do novo réxime”[2], substituíron o desaparecido Mercado da Cidade, que fora derrubado catro anos antes, en 1937[3]. A función mercantil da zona remóntase ao século XVIII. A construción do mercado primitivo proxectouse en 1870 e concluíu en 1874, namentres que as obras do actual (conformado por un total de seis naves) comezaron en 1938 e remataron en 1945[4]. Está localizado xunta a igrexa de San Fiz de Solovio.
É o lugar máis visitado do municipio despois da catedral de Santiago[5].
Diversos produtos frescos tales como queixo, chacina, peixe, marisco, verdura ou carne están á venda tanto nos locais habilitados nas distintas naves coma nos arredores.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mercado de Abastos. Santiago de Compostela Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine., por Juan Ignacio Robles, profesor de Antropoloxía Social na Universidade Autónoma de Madrid (en castelán).
- ↑ VVAA. Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. 2003. Ed. Universidade Santiago de Compostela. coord. Ermelindo Portela Silva, páx. 576.
- ↑ Historia do Mercado na páxina web Santiagoturismo.com.
- ↑ Historia e futuro da Praza de Abastos Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine., nova en El Correo Gallego o 24 de decembro de 2014.
- ↑ Información Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine. sobre a Praza no sitio web do Concello de Santiago..